Aberta a convocatoria aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocan os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021, que teñen o obxectivo de recoñecer o traballo do persoal investigador e dos/as empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

O investigador Juan Romero recibe un premio na conferencia EvoMUSART 2021

O investigador do CITIC Juan Romero foi galardoado no evento EvoMUSART 2021: 10th International Conference on Artificial Intelligence in Music, Sound, Art and Design, que se celebrou dentro de Evostar do 7 ao 9 de abril. O investigador recibiu o premio Evo* Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation in Europe.

A Facultade de Informática entrega o VI Premio ao Mellor TFG Aplicado

Este venres 9 de abril entregouse o VI Premio ao Mellor TFG Aplicado da Facultade de Informática da UDC, no que colabora o CITIC. Este galardón recoñece aos mellores traballos de fin de grao presentados no curso 2019/2020, destinado ao alumnado con cualificación de Matrícula de Honor. Esta sexta edición do Premio estivo patrocinada polas empresas Imatia Innovación, Inycom, Everis e Aldaba.

O delegado territorial da Xunta e o xefe territorial de Educación interésanse polos avances do proxecto Talentos Inclusivos

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor López, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a provincia da Coruña, Indalecio Cabana Leira, visitaron a sede de ASPACE Coruña para interesarse polo avance do proxecto.
O proxecto Talentos Inclusivos está desenvolvido polo CITIC da UDC, ASPACE Coruña e o Consello Social da UDC.

O CITIC colabora na feira de emprego da FIC

O CITIC colabora na II Feira de Prácticas en Empresa da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, que se celebrará de forma online este xoves 8 de abril. Esta xornada está dirixida especialmente a estudantes de terceiro curso da Facultade de Informática con interese en realizar prácticas en empresa no curso 2021/2022 e, por extensión, a todo o alumnado da FIC.