Alumnado do IES Agra do Orzán de A Coruña visitan o CITIC
Alumnado de 2º de bachillerato do IES Agra do Orzán de A Coruña que participan no programa STEMbach da Xunta de Galicia visitaron esta mañá o CITIC. Os estudantes coñeceron diferentes proxectos desenvolvidos no CITIC, principalmente nos ámbitos da robótica, a realidade virtual e a realidade aumentada.