Aberto o rexistro de asistencia para o V Congreso XoveTIC

O rexistro de asistencia para o V Congreso XoveTIC, que terá lugar o 5 e 6 de outubro no CITIC e a Facultade de Informática da UDC, está aberto ata o próximo 16 de setembro. O evento, organizado polo CITIC, celebrarase de novo en formato presencial tras dúas edicións online debido á pandemia. Trátase dun congreso destinado a investigadores/as júnior, ofrecéndolles un espazo de encontro para o debate científico, onde presenten os seus traballos no ámbito das TIC.

V Congreso XoveTIC

O V Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, celebrarase de novo en formato presencial os días 5 e 6 de outubro de 2022, tras dúas edicións en liña debido á pandemia. O congreso está destinado a investigadores/as júnior (predoctorales e posdoctorales) para presentar as súas comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito do TIC.

Nieves R. Brisaboa participará na Aula de Verán “Blas Cabrera” de iniciación á investigación, a docencia e a innovación científica

A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa impartirá un relatorio na Aula de Verán “Blas Cabrera” de iniciación á investigación, a docencia e a innovación científica, que se desenvolverá entre o 8 e o 12 de agosto no Palacio da Magdalena de Santander, organizada pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación.

Ángel López Oriona é premiado na 17th Conference of the International Federation of Classification Societies

O investigador do CITIC Ángel López Oriona foi premiado na 17th Conference of the International Federation of Classification Societies (IFCS 2022), celebrada do 19 ao 23 de xullo no Porto, polo seu traballo Unsupervised classification of categorical time series through innovative distances, que desenvolveu xunto co investigador do CITIC José Antonio Vilar e o profesor da Universidade de Roma A Sapienza, Pierpaolo D’Urso.