O CITIC imparte un taller de tecnoloxías adaptadas a nenos e nenas do ALDABA-TIC Camp

Este xoves 29 de xuño, o CITIC recibiu a visita de varios nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, inscritos no campus tecnolóxico de verán ALDABA-TIC Camp. Durante a súa visita puideron participar nun pequeno taller impartido polas investigadoras Patricia Concheiro e Carmen Miranda, onde lles mostraron diversas solucións tecnolóxicas enmarcadas dentro do proxecto de Talentos Inclusivos e participaron en diversas experiencias de realidade virtual. 

X Encontro da Mocidade Investigadora

Os días 12 e 13 de xuño tivo lugar o X Encontro da Mocidade Investigadora na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Durante o desarrollo deste evento anual, doutorandos das tres Universidades Galegas tiveron a oportunidade de presentar as súas investigacións e discutir os seus resultados de forma constructiva con compañeiros doutras disciplinas e expertos na materia.

O CITIC participará na Maker Faire Galicia con dous proxectos centrados na diversidade funcional, unha charla sobre intelixencia artificial e un hackathon

O CITIC participará, un ano máis, na Maker Faire Galicia, a maior da península, tanto en número de xornadas como en asistentes e proxectos presentados. Esta edición, que se desenvolverá do 1 ao 4 de xuño na Cidade da Cultura de Santiago, contará cun variado programa e a participación de especialistas en distintas áreas de coñecemento que compartirán contidos e proxectos relacionados coa innovación social e cultural, a innovación educativa e a innovación empresarial.