Estudantes do MIT presentan as súas investigacións nun novo almorzo TIC Talk do CITIC
Esta mañá, o CITIC acolleu unha nova edición dos Almorzos TIC Talk. Nesta ocasión, a sesión tivo un carácter especialmente internacional, coa participación de catro estudantes do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) que actualmente realizan unha estancia de investigación no centro.