O CITIC da UDC acolle a clausura de AddVenture, organizada polos Consellos Sociais da UDC e da USC
Os Consellos Sociais da UDC e da USC clausuraron o pasado xoves 9 de xullo a cuarta edición do seu programa de emprendemento e innovación. A xornada final reuniu o alumnado participante nunha sesión dedicada á presentación, avaliación e recoñecemento dos proxectos traballados durante os últimos meses.









