Amparo Alonso participa na xornada “Cara a unha Galicia Intelixente” organizada pola Xunta

A investigadora do CITIC Amparo Alonso participará este venres 11 de xuño na xornada “Cara a unha Galicia Intelixente”, organizada pola Xunta de Galicia. Durante esta xornada abordarase o papel das tecnoloxías intelixentes, especialmente a intelixencia artificial, na contribución á resolución dalgúns dos principais retos que enfronta a sociedade. O evento enmárcase na presentación da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030.

Susana Ladra participa no debate “O liderado da muller na ciencia: retos e oportunidades”

A investigadora do CITIC Susana Ladra participará no debate “O liderado da muller na ciencia: retos e oportunidades” organizado pola Fundación CYD. O debate servirá para poñer en común os avances conseguidos e os temas aínda pendentes, como son a ausencia de referentes femininos, a invisibilidade de logros, o desfasamento de xénero na pirámide académica/científica, os estereotipos nas carreiras STEM e a desigualdade de oportunidades nas disciplinas técnicas e a invisibilidade dos logros femininos.

Amparo Alonso participa no enontro Fake&Business 21

A investigadora do CITIC e presidenta da AEPIA, Amparo Alonso, participou este xoves 27 de maio no evento Fake&Business 21, o encontro máis importante sobre fake news, transparencia e intelixencia dixital en España, organizado pola Cátedra da Marca Corporativa da Universidade de Alicante, coa cooperación de CENID (Centro de Intelixencia Dixital Provincia de Alicante) e Diario Información.

Amparo Alonso, relatora nunha sesión sobre IA en cancro organizada polo Parlamento Europeo

A investigadora do CITIC e presidenta da AEPIA, Amparo Alonso, participa este xoves 27 de maio na sesión “Unlocking the potential of artificial intelligence in cancer research and care”, organizada polo Special Committee on Beating Cancer (BECA) do Parlamento Europeo en colaboración co Special Committee on Artificial Intelligence in a Digital Age (AIDA).