O investigador Raúl Santoveña recibe o premio da RAGC no Día da Ciencia en Galicia
O investigador do CITIC Raúl Santoveña recibiu o Premio de Investigación 2020 na categoría de investigadores mozos, outorgado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). O acto de entrega tivo lugar este xoves no Colexio de Fonseca no acto académico de celebración do Día da Ciencia en Galicia.