O CITIC acolle a entrega de premios dun concurso da materia de Xestión de Infraestructuras do Grao en Informática

O pasado luns 4 de abril ás 17:00h tivo lugar, na sala Connect do CITIC, o acto de entrega de premios aos catro gañadores dun concurso en formato kahoot proposto polo profesor Víctor Carneiro na materia de Xestión de infraestruturas do Grao de Informática da UDC. Contou coa colaboración da empresa Inycom que agasallou a cada gañador cunha tablet.

Arrincan no CITIC os Almorzos TIC Talk

Este martes 29 de marzo deu comezo unha nova iniciativa organizada pola comisión de formación do CITIC, consistente nun ciclo de reunións dirixidas a membros do CITIC que se atopan nas primeiras etapas da súa carreira investigadora, pensadas para compartir a investigación que se realiza no centro nun ambiente informal. Os Almorzos TIC Talk terán unha periodicidade mensual e buscan potenciar a transversalidade e promover posibles colaboracións entre o persoal investigador.

O CITIC presenta o proxecto europeo 3-i ICT, innovador programa de captación de talento predoutoral

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este venres, 25 de marzo, o acto de presentación do proxecto europeo 3i-ICT (International, Interdisciplinary and Intersectoral Information and Communications Technology PhD Programme) que conta cun financiamento de máis de 1,3 millóns de euros por parte da Comisión Europea e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.