Investigadores do CITIC recollen os Premios da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa e a Fundación BBVA

Onte, 15 de febreiro de 2022, tivo lugar na sede da Fundación BBVA en Madrid a cerimonia de entrega dos Premios de Estadística Sociedad de Estadística e Investigación Operativa-Fundación BBVA e das Medallas Sociedad de Estadística e Investigación Operativa. En ambos os casos, correspondentes ás edicións de 2020 e 2021, pospostas con motivo da pandemia.

A Cátedra de Diversidade e Tecnoloxía presenta o seminario feminino UniQA

A nova Cátedra en Diversidade e Tecnoloxía, creada pola UDC e NTT DATA (antiga Everis), presenta UniQA, un seminario feminino dirixido a potenciar as habilidades directivas e a marca persoal de estudantes de máster e os últimos cursos dos graos en titulacións TIC da UDC. Esta cátedra, dirixida polo investigador do CITIC Luis Hervella, toma o testemuño da Cátedra Everis en Transformación Dixital.

A FIC acolle un seminario sobre modelos de simulación para o apoio da toma de decisións sobre a xestión de camas en UCI

O próximo 9 de febreiro ás 17:00 h celebrarase na aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da UDC o seminario “Modelos de simulación para o apoio da toma de decisións sobre a xestión de camas en UCI”, impartido polo investigador da Universidade Pública de Navarra, Daniel García de Vicuña, e organizado por persoal investigador do CITIC.

O CITIC acolle a formación de mentoras do programa Inspira STEAM A Coruña

Este mércores 2 de febreiro o CITIC acolleu a xornada formativa dirixida a mentoras e mentores do programa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022. Esta formación diríxese a profesionais do ámbito académico, investigador e empresarial e foi impartida por Ander Mimenza Aurrecoechea, coach, formador e consultor especializado en desenvolvemento organizacional e de persoas. O nodo Inspira STEAM A Coruña está coordinado pola investigadora do CITIC Verónica Bolón.

A UDC e ABANCA asinan un convenio que consolida a súa colaboración a través do CITIC

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, asinaron o pasado venres 28 de xaneiro un protocolo xeral de colaboración para o desenvolvemento da Intelixencia Artificial, a transformación dixital e as tecnoloxías habilitadoras no ámbito da Cidade das TIC, consolidando a colaboración de ambas entidades a través do CITIC.

O investigador Manuel Oviedo imparte unha conferencia maxistral no II Congreso Internacional de Investigación Aplicada a Ciencia de Datos en Quito

O investigador do CITIC Manuel Oviedo de la Fuente imparte a conferencia maxistral “Novas achegas para a análise de datos funcionais complexos” no II Congreso Internacional de Investigación Aplicada a Ciencia de Datos, que ten lugar do 24 ao 28 de xaneiro en Quito (Ecuador) en formato híbrido.