Investigadores do CITIC toman posesión como catedráticos e profesores titulares

Este martes 14 de setembro tivo lugar no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña o acto de toma de posesión de novos catedráticos e profesorado titular de Universidade. Os investigadores do CITIC Germán Aneiros Pérez, Francisco Javier Bellas Bouza e Óscar Fontenla Romero tomaron posesión como catedráticos, e Enrique Fernández Blanco, Javier Parapar López e Óscar Pedreira Fernández fixérono como profesores titulares.

Un proxecto dirixido por persoal investigador do CITIC, galardoado na II Edición dos Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da UDC

O proxecto “TFG para o desenvolvemento de aplicacións informáticas de apoio á diversidade” dirixido polo subdirector do CITIC Javier Pereira Loureiro e os docentes da Facultade de Informática e persoal investigador do CITIC, Adriana Dapena Janeiro, Paula Castro Castro e Óscar Fresnedo Arias, resultou galardoado na II Edición dos Premios á Innovación Docente en Proxectos de Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña.

O Máster en Bioinformática para Ciencias da Saúde, coordinado polo subdirector do CITIC, recibe a mención de excelencia da Xunta de Galicia

O Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, coordinado desde 2017 polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, recibiu a mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Investigadores do CITIC reciben un premio na conferencia DATA 2021

Os investigadores do CITIC Nieves R. Brisaboa, Antonio Fariña, e Tirso V. Rodeiro, xunto co investigador da UDC Diego Otero González, recibiron un premio no 10th International Conference on Data Science, Technology and Applications (DATA). Foron galardoados co premio ao mellor paper polo seu traballo “An Efficient Representation of Enriched Temporal Trajectories”.

Investigadores do CITIC obteñen cinco axudas da Xunta para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, resolveu as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o ano 2021.

O CITIC obtén 9 axudas de apoio á etapa predoutoral e posdoutoral concedidas pola Xunta

A Xunta de Galicia resolveu este mes de xuño as axudas de apoio á etapa de formación predoutoral e posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego. No caso das bolsas predoutorais, o CITIC obtivo 8 axudas das 15 concedidas na rama de enxeñería e arquitectura. Pola súa banda, na convocatoria de axudas posdoutorais, o CITIC conseguiu 1 das 11 outorgadas na área de enxeñería e arquitectura.

José A. Iglesias Guitián recibe unha bolsa da Fundación BBVA

O investigador do CITIC José A. Iglesias Guitián recibiu unha bolsa Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais, outorgada pola Fundación BBVA. Cunha dotación global de máis de dous millóns de euros, as bolsas Leonardo están destinadas a apoiar proxectos persoais de investigadores e creadores culturais en estadios intermedios da súa carreira, que se caractericen por unha significativa produción científica, tecnolóxica ou cultural. Nesta convocatoria concedéronse 58 bolsas, entre as 1274 solicitudes presentadas.