Os Almorzos TIC Talk analizan como os astrocitos, as “estrelas” ocultas do cerebro, poden impulsar a intelixencia artificial
O CITIC acolleu este martes unha nova edición dos AlmorzosTIC Talk. Nesta ocasión, a investigadora Ana Ribas foi a encargada de impartir a charla titulada “But… what is an astrocyte?”, centrada na conexión entre neurociencia e intelixencia artificial.








