O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña recibe do CPEIG o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino polo seu proxecto ‘Talentos Inclusivos’

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino da “XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” ao Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña polo seu proxecto ‘Talentos Inclusivos’.

Investigadores do CITIC toman posesión como catedráticos e profesores titulares

Este martes 14 de setembro tivo lugar no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña o acto de toma de posesión de novos catedráticos e profesorado titular de Universidade. Os investigadores do CITIC Germán Aneiros Pérez, Francisco Javier Bellas Bouza e Óscar Fontenla Romero tomaron posesión como catedráticos, e Enrique Fernández Blanco, Javier Parapar López e Óscar Pedreira Fernández fixérono como profesores titulares.

Un proxecto dirixido por persoal investigador do CITIC, galardoado na II Edición dos Premios a Proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe-Servizo da UDC

O proxecto “TFG para o desenvolvemento de aplicacións informáticas de apoio á diversidade” dirixido polo subdirector do CITIC Javier Pereira Loureiro e os docentes da Facultade de Informática e persoal investigador do CITIC, Adriana Dapena Janeiro, Paula Castro Castro e Óscar Fresnedo Arias, resultou galardoado na II Edición dos Premios á Innovación Docente en Proxectos de Aprendizaxe-Servizo da Universidade da Coruña.

O Máster en Bioinformática para Ciencias da Saúde, coordinado polo subdirector do CITIC, recibe a mención de excelencia da Xunta de Galicia

O Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, coordinado desde 2017 polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, recibiu a mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.