A directora da Axencia Galega de Investigación visita o novo laboratorio de tecnoloxías cuánticas do CITIC da UDC

A directora da Axencia Galega de Investigación, Carmen Cotelo, visitou recentemente o novo laboratorio de tecnoloxías cuánticas do CITIC, unha infraestrutura destinada a fortalecer a investigación experimental, o desenvolvemento de novas aplicacións e a transferencia de coñecemento nun dos ámbitos científicos con maior proxección.